Entradas

Mostrando las entradas etiquetadas como curso 2025/2026

Pintores nas ondas: Frida Kalho

Imagen
  “Pintores nas ondas” é unha serie de pódcast na que o alumnado de 2º de primaria nos descubren a vida e obra de grandes pintores da historia da arte. En cada capítulo imos ir coñecendo a historia que hai detrás das obras máis importantes de grandes artistas. Neste quinto capítulo, imos coñecer a vida e parte da obra dunha das pintoras máis famosas do mundo: Frida Kalho. A gozar coa arte…nas ondas!

O nobel do mes: Literatura

Imagen
  “O nobel do mes” é unha serie de cuarto de primaria que nos adentra no mundo dos premios nobel, os premios máis populares, prestixiosos e importantes do mundo. Seguindo esta serie de pódcast, non só coñeceremos a súa historia senón que tamén aprenderemos moito sobre ciencia, literatura e cultura. Este quinto capítulo está adicado ao campo da literatura.

Descubrindo Caldas CAP 5

Imagen
  “Descubrindo Caldas” é unha serie de pódcast coa que os alumnos e alumnas de sexto de primaria nos propoñen un concurso para coñecer un pouco mellor a nosa vila e o noso Concello. Cada episodio contén tres preguntas coas súas respostas coas que imos descubrir moitos detalles culturais e históricos de Caldas de Reis. Ánimate a participar e descubre…Caldas!

Os avós contan... O avó Laureano e o cambio de Caldas

Imagen
  “Os avós contan” é unha serie de programas onde o alumnado de primeiro de primaria vai entrevistar a avoas e avós da escola que nos van contar como viviron a súa infancia en San Clemente. Neste capítulo, o avó Laureano fálanos de como viviu el o paso do tempo na vila de Caldas de Reis e de como cambiou a vila ao longo dos últimos cincuenta anos. Prestade moita atención a esta conversa tan interesante!

Letras Galegas 2026

Imagen
Este curso as ondas da nosa radio guían todo o que facemos, e os murais do cole van mudando de forma segundo a temática que sintonizamos. Hoxe, o noso dial detense na vida e na obra de Begoña Caamaño. Cada ciclo do cole puxo a súa creatividade para dar forma a esta homenaxe, e neste vídeo recollemos o espectacular resultado final coa mellor banda sonora posible. Dálle ao play, sube o volume e sintoniza co orgullo polo noso! “Descubrindo a Begoña Caamaño” é un podcast do alumnado de terceiro de primaria co que celebramos un día moi importante para a nosa escola: O día das letras galegas 2026. Este ano adícase esta data á escritora e xornalista Begoña Caamaño. Neste traballo coñeceremos un pouco máis a fondo a esta autora galega, a súa vida e a súa obra. N esta data conmemoramos a nosa lingua, o galego, un patrimonio inmaterial moi importante para todos e todas as galegas e os galegos. Neste pódcast celebramos esta data cun programa sobre Begoña Caamaño, a escritora seleccionada este an...

Día da familia

Imagen
Hoxe cociñamos con educación infantil! Que ingredientes pensas que leva unha familia feliz? Os nenos e nenas de infantil téñeno claro e cóntannos o seu segredo no noso podcast. ​Damos a benvida ao Día da Familia da man das voces máis doces do cole. Preparade os oídos e o corazón, porque esta receita vai encantarvos! ​ ​Non esquezas darlle ao "play" e compartir en familia!

Segundo Premio José Hermida

Imagen
O ALUMNADO DE SEXTO DE EDUCACIÓN PRIMARIA ACADA O SEGUNDO PREMIO NA GALA DE PREMIOS JOSÉ HERMIDA DE RADIOS ESCOLARES 2026. “Clementina Jones na procura do tesouro perdido” é un pódcast de Radio Clementina creado polo alumnado de sexto de primaria do CEIP Plurilingüe San Clemente no mes de maio do curso 2025-26. Neste traballo o alumnado contou coa colaboración de Elena Cabrejas, arqueóloga do CSIC experta en metalurxia prehistórica e particularmente no tesouro de Caldas de Reis. No pódcast podedes escoitar a historia completa do chamado depósito das Silgadas, a concentración de ouro da idade de bronce máis importante de Europa, un depósito atopado en Caldas de Reis, no nadal do ano 1940. Este traballo foi galardoado co 2° Premio da II edición dos premios de radio escolar José Hermida de Radio pontevedra Cadena SER.

Semana da ciencia: Os experimentos do son

Hoxe todos/as aprendemos ciencia a pé de rúa! Ademais, ​o alumnado de 5º de Primaria protagonizou unha xornada inesquecible no Paseo Román López dentro do programa "Sabi@ Caldas". Foi un luxo ver como explicaban os segredos do son aos seus compañeiros/as e demais nenos e nenas dos outros centros do concello. Nós tamén visitamos todas as mesas para descubrir novos experimentos. ​Un intercambio total de ideas, risas e moita, moita ciencia. Aquí tedes un resumo do que deu de si esta mañá tan especial!

Semana da ciencia

Imagen
O alumnado de 5º de Primaria leva semanas investigando os segredos do son e mañá por fin sairán á rúa para contárnolo todo. No marco da Semana da Cultura Científica "Sabi@ Caldas", estaremos no Paseo Román López compartindo ciencia! Cando? Mañá, 7 de maio. Horario: De 10:00 a 13:00 h. Onde? Paseo Román López. Será unha mañá de intercambio total: os demais alumnos/as do cole visitarán as nosas mesas e nós aprenderemos tamén coas propostas de nenos e nenas doutros centros. Aquí tedes en primicia os 4 experimentos que imos realizar. Non faltedes! Hoxe realizaron o ensaio xeral para ter todo listo para mañán. Explicar a ciencia non é doado, pero vaia se están preparados! Practicaron cos seus compañeiros e compañeiras e as sensacións non poden ser mellores. Se hoxe xa nos deixaron coa boca aberta... imaxinade mañá no Paseo Román López! Estamos listos para a Semana da Cultura Científica "Sabi@ Caldas". Empezamos ás 10.00h. Vémonos alí?

Descubrindo Caldas. CAP4

Imagen
“Descubrindo Caldas” é unha serie de pódcast coa que os alumnos e alumnas de sexto de primaria nos propoñen un concurso para coñecer un pouco mellor a nosa vila e o noso Concello. Cada episodio contén tres preguntas coas súas respostas coas que imos descubrir moitos detalles culturais e históricos de Caldas de Reis. Ánimate a participar e descubre…Caldas!

Exposición de radios antigas.

Hoxe abrimos as portas do cole ao avó Ernesto, que nos veu dar unha clase maxistral sobre a historia da radio. ​Non só aprendemos como funcionaban as comunicacións antes de Internet, senón que puidemos ver auténticas xoias: radios orixinais dende os anos 50 ata hoxe. Fascinounos ver como cambiou a tecnoloxía! ​Grazas, Ernesto, por compartir o seu tesouro e a súa sabedoría connosco.

Os avós contan... Ernesto e a maquinaria.

Imagen
  O que tal cambiou o mundo en canto a maquinaria “Os avós contan” é unha serie de programas onde o alumnado de primeiro de primaria vai entrevistar a avoas e avós da escola que nos van contar como viviron a súa infancia en San Clemente. Neste capítulo, o avó Ernesto fálanos de como viviu el os tempos nos que as máquinas e os trebellos empezaban a chegar ás nosas casas e a cambiar as nosas vidas e de como se achegou el ao mundo da radio. Prestade moita atención a esta conversa tan interesante!

Día do Libro. Micro Aberto con María Canosa

Imagen
Hoxe, no noso centro conmemoramos o "Día Do libro" para o cal deixamos unha das actividades programadas que é este Podcast de Micro aberto CAP4 “Conversa con María Canosa” Micro aberto é un programa especial de Radio CLementina adicado a entrevistas con persoas que visitan o noso centro ou que están relacionadas con actividades que se realizan ao longo do curso. Neste cuarto capítulo imos ter un convidada moi especial: Dona María Canosa, quen traballou como enxeñeira e foi Directora de Proxectos no Centro de Coñecemento da Costa da Morte. Desde os seus inicios profesionais compaxinou a súa faceta de enxeñeira coa de escritora, así como a de guionista de distintos programas da TVG. Dalgunhas das súas obras fixéronse adaptacións teatrais. Colabora como articulista en La Voz de Galicia, e foi contertulia en varios programas radiofónicos da Radio Galega e de Radio Voz. Ocupou o posto de "experta" en letras no concurso Cifras e letras da TVG desde setembro do 2011, ata p...

Finalistas dos II Premios José Hermida de radios escolares.

Imagen
Este curso, a nosa escola presentouse aos II premios José Hermida de pódcast escolares. Dun total de 160 pódcast presentados, a nosa escola foi seleccionada para estar entre os 8 centros finalistas que van a ir á gala de entrega de premios o vindeiro 8 de maio no auditorio da UNED. Ese día entregaránse tres premios entre as 8 escolas finalistas. Os nosos nenos e nenas de sexto de primaria presentaron un pódcast titulado “Clementina Jones na procura do tesouro perdido” no que contan a historia de como se atopou o tesouro e o que aconteceu con el. O vindeiro 7 de maio, o día previo á entrega de premios, publicaremos o pódcast nas nosas redes para que o poidades escoitar. Parabéns aos nosos nenos e nenas de sexto curso de primaria!!

Pintores nas ondas : Vicent Van Gogh

Imagen
“Pintores nas ondas” é unha serie de pódcast na que o alumnado de 2º de primaria nos descubren a vida e obra de grandes pintores da historia da arte. En cada capítulo imos ir coñecendo a historia que hai detrás das obras máis importantes de grandes artistas. Neste cuarto capítulo imos coñecer a vida e parte da obra dun dos pintores máis famosos do mundo: Vincent Van Gogh. A gozar coa arte…nas ondas!

Descubrindo Caldas. CAP 3

Imagen
“Descubrindo Caldas” é unha serie de pódcast coa que os alumnos e alumnas de sexto de primaria nos propoñen un concurso para coñecer un pouco mellor a nosa vila e o noso Concello. Cada episodio contén tres preguntas coas súas respostas coas que imos descubrir moitos detalles culturais e históricos de Caldas de Reis. Ánimate a participar e descubre…Caldas!

Día da poesía

Imagen
Benvidos e benvidas a nosa Gran Gala da Poesía Clementina 2026. Estamos hoxe festexando a beleza da literatura, a beleza duns versos escritos por unhas manciñas ben miúdas que con moita esforzo e ilusión conseguiron crear bonitos poemas na nosa lingua. Hoxe queremos agradecer o traballo feito por todo o alumnado participante, mestras e familias da escola, neste programa especial do día da poesía.

Radio 50ypico

Imagen
Hoxe, o alumnado de sexto de EP participou nun programa especial de Radio 50ypico, un dos proxectos de FEGAUS (Federación Galega de Asociacións Universitarias Sénior). A gravación do programa foi no Fogar do Maior de Caldas de Reis.  Realízase desde cinco dos sete campus universitarios de Galicia e aborda todo tipo de contidos de interese, informativos, culturais, de actualidade e de entretemento. Foi unha xornada de radio moi divertida e emocionante. Esta experiencia interxeracional foi todo un éxito: unha oportunidade única de aprendizaxe na que rapazada e persoas de máis de 55 anos atoparon na radio un punto de encontro. Grazas a todas as entidades participantes pola proposta, que esperamos sexa a primeira de moitas! eeeee

As avoas contan... Como xermolar con Josefa

Imagen
“As avoas contan…” é unha serie de programas onde o alumnado de primeiro de primaria vai entrevistar a avoas e avós da escola que nos van contar como viviron a súa infancia en San Clemente. Neste capítulo, a avoa Josefa, fálanos de como coida as terras e das súas técnicas para plantar a horta e conseguir unhas hortalizas tan ricas e sabrosas coma as dela. Prestade atención…

O nobel do mes: Medicina.

Imagen
“O nobel do mes” é unha serie de cuarto de primaria que nos adentra no mundo dos premios nobel, os premios máis populares, prestixiosos e importantes do mundo. Seguindo esta serie de pódcast, non só coñeceremos a súa historia senón que tamén aprenderemos moito sobre ciencia, literatura e cultura. Este cuarto capítulo está adicado ao campo da medicina e a fisioterapia.