Semana da ciencia
O alumnado de 5º de Primaria leva semanas investigando os segredos do son e mañá por fin sairán á rúa para contárnolo todo. No marco da Semana da Cultura Científica "Sabi@ Caldas", estaremos no Paseo Román López compartindo ciencia!
Cando? Mañá, 7 de maio.
Horario: De 10:00 a 13:00 h.
Onde? Paseo Román López.
Será unha mañá de intercambio total: os demais alumnos/as do cole visitarán as nosas mesas e nós aprenderemos tamén coas propostas de nenos e nenas doutros centros.
Aquí tedes en primicia os 4 experimentos que imos realizar. Non faltedes!
Hoxe realizaron o ensaio xeral para ter todo listo para mañán.
Explicar a ciencia non é doado, pero vaia se están preparados! Practicaron cos seus compañeiros e compañeiras e as sensacións non poden ser mellores. Se hoxe xa nos deixaron coa boca aberta... imaxinade mañá no Paseo Román López!
Estamos listos para a Semana da Cultura Científica "Sabi@ Caldas". Empezamos ás 10.00h.
Vémonos alí?




Comentarios
Publicar un comentario