Entradas

Mostrando entradas de enero, 2026

Os avós contan... O avó Ricardo fálanos da Paz.

Imagen
“Os avós contan” é unha serie de programas onde o alumnado de primeiro de primaria vai entrevistar a avoas e avós da escola que nos van contar como viviron a súa infancia en San Clemente. Neste capítulo, o avó Ricardo, máis coñecido coma “Carducho”, fálanos de como viviu el os tempos da posguerra nos que a paz foi un ben moi querido e buscado para superar as penurias causadas pola guerra civil española.

Día da Paz: Apócema para a paz

Imagen
“Apócema para a paz” é un novo pódcast dos nenos e nenas de terceiro de primaria no que nos dan a súa particular receita para facer unha apócema que nos traia a paz aos tempos tan complicados que vivimos no mundo. Escoitade moi ben os consellos tan sabios que nos dan os nosos compañeiros e compañeiras de terceiro de primaria e animadevos a facer a vosa propia “apócema…para a paz”

O nobel do mes: A Paz

Imagen
" O nobel do mes” é unha serie de cuarto de primaria que nos adentra no mundo dos premios nobel, os premios máis populares, prestixiosos e importantes do mundo. Seguindo esta serie de pódcast, non só coñeceremos a súa historia senón que tamén aprenderemos moito sobre ciencia, literatura e cultura. Este segundo capítulo está adicado ao premio nobel da paz.

Pintores nas ondas: Pablo Picasso

Imagen
“Pintores nas ondas” é unha serie de pódcast na que o alumnado de 2º de primaria nos descubren a vida e obra de grandes pintores da historia da arte. En cada capítulo imos ir coñecendo a historia que hai detrás das obras máis importantes de grandes artistas. Neste segundo capítulo imos coñecer a vida do pintor andaluz Pablo Picasso e a súa obra: “Muller sentada”.

Visita a Radio Pontevedra ( 6ºEP)

Imagen
O pasado venres 9 de xaneiro, o alumnado de sexto de primaria visitou as instalacións de Radio Pontevedra Cadena SER con motivo da súa participación na segunda edición dos Premios José Hermida de radio escolar. Ademais de coñecer as instalacións e de ver como funciona a radio, os nenos e nenas da escola participaron en directo no programa La opinión. Queremos agradecer a todo o persoal de Radio Pontevedra e especialmente a Mamen Hermida, a súa directora, o bo trato recibido e o ben que nos acolleron nas súas instalacións.