Entradas

Mostrando entradas de diciembre, 2025

Visita a Radio Arosa (4ºEP)

Imagen
O pasado mércores 17 de decembro, o alumnado de 4º de primaria visitou as instalacións de Radio Arosa Cadena SER en Vilagarcía de Arousa. Esta visita está enmarcada dentro do programa de actividades con motivo do proxecto escolar: “A túa radio na túa escola”, un proxecto ideado para que os escolares se acheguen ao mundo da radio. O Alumnado participou nun obradoiro de radio impartido polo locutor de Radio Arosa Eloy Magariños e participaron en directo no programa La opinión xunto co alcalde de Caldas de Reis, Don Jacobo Pérez.

Os avós contan... O nadal con Manolo.

Imagen
  Os avós contan” é unha serie de programas onde o alumnado de primeiro de primaria vai entrevistar a avoas e avós da escola que nos van contar como viviron a súa infancia en San Clemente. Neste capítulo, o avó Manolo fálanos de como o nadal cando el era un cativo: como adornaba a árbore de nadal, os xoguetes cos que xogaban, o que lles traían os reis magos aos nenos e nenas daqueles tempos...

Erasmus Xperience San Gimignano

Imagen
“Erasmus Xperience San Gimignano” é un pódcast de 6º de primaria no que alumnos e alumnas desta titoría conversan sobre a viaxe que parte do alumnado deste curso viviu na localidade de San Gimignano, na Toscana. Imos coñecer as anécdotas e as aventuras que fixeron desta viaxe unha experiencia inesquecible.

Inauguración Radio CLementina

Imagen
O pasado venres 12 de decembro, a nosa escola inaugurou o seu estudio de Radio José Hermida de Radio Clementina. A directora de Radio Pontevedra Cadena SER Mamen Hermida foi a encargada de inaugurar o estudio co nome do seu avó, José Hermida, un pioneiro da radio en Galiza. Acompañárona no acto de inauguración o alcalde e o tenente de alcalde do concello de Caldas de Reis e os xornalistas pontevedreses Alfonso González e Luz Espiño.

Visita a Radio Caldas (3º EP)

Imagen
O alumnado de 3º de primaria visitou as instalacións de Radio Caldas o pasado xoves 11 de decembro. Esta visita está enmarcada dentro do programa de actividades que este ano o centro vai levar a cabo con motivo do seu proxecto escolar: “A túa radio na túa escola”, un proxecto ideado para que os escolares se acheguen ao mundo da radio. Durante máis de media hora conversaron con Sesi, encargado da radio municipal e aprenderon como se manexa unha emisora de radio.

Nadal 2025

Imagen
E chegou o momento de mudas as bolboretas por estrelas para celebrar o Nadal. Desde o proxecto da radio, queremos transformar a mensaxe. As bolboretas do 25 N dan paso as estrelas que iluminan este tempo tan especial, cada unha delas acompañadas de estrofas de panxoliñas.

Emisión do programa LA OPINIÓN dende o noso cole

Imagen
 

Micro Aberto... Meeting Caroline

Imagen
Micro aberto é un programa especial de Radio Clementina adicado a entrevistas con persoas que visitan o noso centro ou que están relacionadas con actividades que se realizan ao longo do curso. Este primeiro capítulo está centrado na nosa auxiliar de conversa Caroline Turner, unha economista de Boston que este curso traballará co noso alumnado.

O nobel do mes: Física.

Imagen
" O nobel do mes” é unha serie de cuarto de primaria que nos adentra no mundo dos premios nobel, os premios máis populares, prestixiosos e importantes do mundo. Seguindo esta serie de pódcast, non só coñeceremos a súa historia senón que tamén aprenderemos moito sobre ciencia, literatura e cultura. Este primeiro capítulo está adicado ao campo da física.