Este curso as ondas da nosa radio guían todo o que facemos, e os murais do cole van mudando de forma segundo a temática que sintonizamos. Hoxe, o noso dial detense na vida e na obra de Begoña Caamaño. Cada ciclo do cole puxo a súa creatividade para dar forma a esta homenaxe, e neste vídeo recollemos o espectacular resultado final coa mellor banda sonora posible. Dálle ao play, sube o volume e sintoniza co orgullo polo noso! “Descubrindo a Begoña Caamaño” é un podcast do alumnado de terceiro de primaria co que celebramos un día moi importante para a nosa escola: O día das letras galegas 2026. Este ano adícase esta data á escritora e xornalista Begoña Caamaño. Neste traballo coñeceremos un pouco máis a fondo a esta autora galega, a súa vida e a súa obra. N esta data conmemoramos a nosa lingua, o galego, un patrimonio inmaterial moi importante para todos e todas as galegas e os galegos. Neste pódcast celebramos esta data cun programa sobre Begoña Caamaño, a escritora seleccionada este an...