Entradas

Mostrando entradas de marzo, 2026

Día da poesía

Imagen
Benvidos e benvidas a nosa Gran Gala da Poesía Clementina 2026. Estamos hoxe festexando a beleza da literatura, a beleza duns versos escritos por unhas manciñas ben miúdas que con moita esforzo e ilusión conseguiron crear bonitos poemas na nosa lingua. Hoxe queremos agradecer o traballo feito por todo o alumnado participante, mestras e familias da escola, neste programa especial do día da poesía.

Radio 50ypico

Imagen
Hoxe, o alumnado de sexto de EP participou nun programa especial de Radio 50ypico, un dos proxectos de FEGAUS (Federación Galega de Asociacións Universitarias Sénior). A gravación do programa foi no Fogar do Maior de Caldas de Reis.  Realízase desde cinco dos sete campus universitarios de Galicia e aborda todo tipo de contidos de interese, informativos, culturais, de actualidade e de entretemento. Foi unha xornada de radio moi divertida e emocionante. Esta experiencia interxeracional foi todo un éxito: unha oportunidade única de aprendizaxe na que rapazada e persoas de máis de 55 anos atoparon na radio un punto de encontro. Grazas a todas as entidades participantes pola proposta, que esperamos sexa a primeira de moitas! eeeee

As avoas contan... Como xermolar con Josefa

Imagen
“As avoas contan…” é unha serie de programas onde o alumnado de primeiro de primaria vai entrevistar a avoas e avós da escola que nos van contar como viviron a súa infancia en San Clemente. Neste capítulo, a avoa Josefa, fálanos de como coida as terras e das súas técnicas para plantar a horta e conseguir unhas hortalizas tan ricas e sabrosas coma as dela. Prestade atención…

O nobel do mes: Medicina.

Imagen
“O nobel do mes” é unha serie de cuarto de primaria que nos adentra no mundo dos premios nobel, os premios máis populares, prestixiosos e importantes do mundo. Seguindo esta serie de pódcast, non só coñeceremos a súa historia senón que tamén aprenderemos moito sobre ciencia, literatura e cultura. Este cuarto capítulo está adicado ao campo da medicina e a fisioterapia.

Día Internacional das matemáticas

Imagen
“O día internacional das matemáticas” é un pódcast elaborado polo alumnado de quinto de primaria no que nos explican a importancia das matemáticas na nosa vida diaria dun xeito moi ameno e divertido, contándonos anécdotas sobre esta materia e cómo se creou este día adicado a esta ciencia que nos arrodea no noso día a día. Agardamos que vos guste!

O nobel do mes: Química

Imagen
“O nobel do mes” é unha serie de cuarto de primaria que nos adentra no mundo dos premios nobel, os premios máis populares, prestixiosos e importantes do mundo. Seguindo esta serie de pódcast, non só coñeceremos a súa historia senón que tamén aprenderemos moito sobre ciencia, literatura e cultura. Este terceiro capítulo está adicado ao campo da química.

Prensa: El San Clemente celebra el 8 M con un podcast del programa Erasmus.

Para acceder á noticia preme no seguinte enlace:    https://diariodearousa.elidealgallego.com/ulla-umia/caldas/2026-03-09/san-clemente-celebra-8-m-podcast-programa-erasmus-841644.html?fbclid=IwY2xjawR5hVZleHRuA2FlbQIxMQBzcnRjBmFwcF9pZBAyMjIwMzkxNzg4MjAwODkyAAEe50qC_DZjVMmt6KsnG0C3zHdwops40vmAIm8USvGfBmheyi8gVL4Aghr5tv4_aem_5GOEjOixoSMnHNZ3zKberw

8M

Imagen
Cada 8 de marzo conmemórase o Día Internacional da Muller (antes coñecido como Día Internacional da Muller Traballadora). A ONU recoñece este día como unha xornada para reivindicar a igualdade e facer balance da situación das mulleres na sociedade. Neste pódcast celebrámolo cunhas convidadas moi especiais! No programa de hoxe temos a sorte de contar coa presenza de Silvia Serchi, mestra do Instituto Comprensivo Folgore da San Gimignano e Stefania Morganti, da Escuola de Ulignano. Benvenute. No #8M , Día Internacional da Muller, decidimos mirar cara adentro, cara ás mulleres que sosteñen o mundo dos nosos nenos e nenas. ​Neste vídeo podedes ver os murais que naceron deles: un tributo ás nais, avoas, irmás, tías... Mulleres de carne e óso que son as súas verdadeiras heroínas e o seu primeiro exemplo de forza e ledicia.

Prensa: Intercambio de talento e radio escolar de San Gimignano a San Clemente

Para acceder á noticia preme no enlace:   https://www.lavozdegalicia.es/noticia/pontevedra/caldas-de-reis/2026/03/06/intercambio-talento-radio-escolar-san-gimignano-san-clemente/00031772811582415347466.htm?utm_source=facebook.com&fbclid=IwY2xjawR5gu1leHRuA2FlbQIxMQBzcnRjBmFwcF9pZBAyMjIwMzkxNzg4MjAwODkyAAEetcCujVxqa0stwH4VTgDxFWH2bj5aU-vEAGglbMO7R_SBfJ7WUVrBopCLN6o_aem_ki8HONwzDcYnWmBeJDmprw  

As avoas contan... De papatorias con Elvira

Imagen
“As avoas contan…” é unha serie de programas onde o alumnado de primeiro de primaria vai entrevistar a avoas e avós da escola que nos van contar como viviron a súa infancia en San Clemente. Neste capítulo, a avoa Elvira, fálanos de como eran as comidas na súa infancia, cales eran os postres máis populares do entroido e ata comparte algunha receita connosco...Bo proveito!