Entradas

Mostrando entradas de noviembre, 2025

25N. O que de verdade importa.

Imagen
“O que de verdade importa” é unha serie de podcast elaborados polo alumnado de quinto de primaria no que abordan conmemoracións e efemérides que son importantes coñecer a fondo. Neste primeiro capítulo abordan a orixe do día internacional da eliminación da violencia contra a muller, popularmente coñecido coma o 25 N, contándonos a historia das irmás Mirabal, as tres bolboretas.

As avoas contan... A escola con Xosefa

Imagen
“Os avós contan” é unha serie de programas onde o alumnado de primeiro de primaria vai entrevistar a avoas e avós da escola que nos van contar como viviron a súa infancia en San Clemente. Neste capítulo, Xosefa Touceda fálanos de como era a escola cando ela era unha nena e de como foi a súa experiencia como mestra.

Día mundial dos dereitos da infancia

Imagen
“Celebramos os dereitos da infancia” é o título dun podcast elaborado polo alumnado e a titora de cuarto de primaria no que nos falan desta efeméride, do súa historia e da importancia de lembrarmos cada día de coidar a infancia dos nosos nenos e nenas.

Conexión San Clemente - San Gimignano

Imagen
Iniciamos os podcast deste curso escolar co programa    “Conexión San Clemente San Gimigniano” que recolle as impresións sobre a estancia en San Clemente dun grupo de estudantes italianos da rexión da Toscana durante a semana do 10 ao 16 de novembro de 2025. Os alumnos de sexto de primaria conversan con eles para que lles conten que lles pareceu a nosa escola e como foi a acollida das familias de San Clemente.