Entradas

Mostrando entradas de febrero, 2026

Pintores nas ondas: Maruja Mallo.

Imagen
“Pintores nas ondas” é unha serie de pódcast na que o alumnado de 2º de primaria nos descubren a vida e obra de grandes pintores da historia da arte. En cada capítulo imos ir coñecendo a historia que hai detrás das obras máis importantes de grandes artistas. Neste terceiro capítulo imos coñecer a vida da pintora galega Maruja Mallo e a súa obra: “A sorpresa do trigo”. A gozar coa arte…nas ondas!

Descubrindo Caldas. CAP 2

Imagen
“Descubrindo Caldas” é unha serie de pódcast coa que os alumnos e alumnas de sexto de primaria nos propoñen un concurso para coñecer un pouco mellor a nosa vila e o noso Concello. Cada episodio contén tres preguntas coas súas respostas coas que imos descubrir moitos detalles culturais e históricos de Caldas de Reis. Ánimate a participar e descubre…Caldas!

Día de Rosalía de Castro

Imagen
Comezamos a semana co #DíaDeRosalía . Os nosos corredores converteronse en poesía viva. O alumnado puxo todo o seu talento e sensibilidade para decorar o centro cos versos inmortais de Cantares Gallegos despois de escoitar un programa especial de Radio CLementina adicado a Rosalía. ​" Lugar máis hermoso no mundo n'hachara que aquel de Galicia, ¡Galicia encantada!" Rosalía entre todas e todos é un programa especial de Radio CLementina co que a nosa escola celebra, este 23 de febreiro de 2026, o día da nosa poetisa nacional: Rosalía de Castro. Neste pódcast podedes escoitar a biografía desta xenial escritora e tamén un dos poemas do seu traballo máis coñecido, “Cantares gallegos”, recitado por varias alumnas e alumnos de todos os cursos de infantil e primaria do centro. Que viva Rosalía! Que viva o galego!

Entroido 2026

Imagen
  O ENTROIDO SINTONIZA COA NOSA ILUSIÓN! Nin a choiva puido coas ganas de festa! Aínda que a auga nos obligou a celebralo no pavillón, o ambiente estivo máis quente que nunca. Este ano, o noso Entroido foi unha homenaxe ás ondas, celebrando por todo o alto o Día Mundial da Radio. Seguindo o noso proxecto de centro, o pavillón converteuse nun estudio de radio en directo. O alumnado desfilou con moito estilo ao ritmo dos xéneros musicais que marcan o noso día a día: Rock con moita garra Pop con todo o brillo Salsa con puro sabor Rap con moito flow Non faltou o momento emotivo: aproveitamos para felicitar aos nosos compañeiros/as de aniversario cantando "Os Parabéns" a pleno pulmón. Para pechar con broche de ouro, gozamos dunha deliciosa degustación de doces típicos de Entroido elaborados polas familias e levamos o mellor recordo no photocall preparado pola ANPA. Grazas a toda a comunidade educativa por facer que, malia a choiva, este día soase mellor que nunca! O RITMO NON PARA...

Día da Radio. "Viva a radio"

Imagen
“Viva a radio” é un podcast do alumnado de terceiro de primaria co que celebramos un día moi importante para a nosa emisora escolar: O día mundial da radio. Este día celébrase o 13 de febreiro e o os nenos e nenas de terceiro de primaria nos contan neste fermoso traballo o importante que é a radio na nosa sociedade. Estade moi atentos ao que nos contan neste pódcast e berrade connosco…Viva a radio!

Micro Aberto “Coñecendo ao noso alcalde”

Imagen
Micro aberto é un programa especial de Radio CLementina adicado a entrevistas con persoas que visitan o noso centro ou que están relacionadas con actividades que se realizan ao longo do curso. Neste terceiro capítulo imos ter un convidado moi especial: Don Jacobo Pérez, alcade de Caldas de Reis. O alumnado do centro vai chamar á nosa emisora para facerlle preguntas moi…Clementinas sobre a súa vida e o seu traballo.

Prensa. El alumnado del CEIP San Clemente entrevistará al alcalde de Caldas de Reis

Para acceder á noticia da prensa pincha no seguinte enlace:  https://www.diariodepontevedra.es/articulo/caldas-deza/alumnado-ceip-san-clemente-entrevistara-viernes-alcalde-caldas-reis-radio-escolar/202602122018261432911.html?fbclid=IwY2xjawR4OXRleHRuA2FlbQIxMQBzcnRjBmFwcF9pZBAyMjIwMzkxNzg4MjAwODkyAAEeDb8lmLQOrGAH7VYFHri0QHg3GERWGaanuwyUwmicnN79TSVxh2BsUI2JCbI_aem_ULOZ9jPzZAuztK11IC0fsw

Visita a Radio Caldas (1º e 2º EP)

O pasado martes 10 de febreiro, o alumnado de 1º e 2° de educación primaria visitou as instalacións de Radio Caldas. Esta visita está enmarcada dentro do programa de actividades con motivo do proxecto escolar: “A túa radio na túa escola”, un proxecto ideado para que os escolares se acheguen ao mundo da radio.

Día da muller e a nena na ciencia. Micro Aberto: Arqueólogas por un día.

Imagen
Micro aberto é un programa especial de Radio CLementina adicado a entrevistas con persoas que visitan o noso centro ou que están relacionadas con actividades que se realizan ao longo do curso. Neste segundo capítulo imos coñecer que se sente sendo unha arqueóloga grazas ás nosas convidadas: Elena Cabrejas, María Gómez e Yolanda Seoane, arqueólogas do do INCIPIT –CSIC.

Pintores nas ondas: Joan Miró

Imagen
“Pintores na radio Clementina” é unha serie de pódcast na que o alumnado de 2º de primaria nos descubren a vida e obra de grandes pintores da historia da arte. En cada capítulo imos ir coñecendo a historia que hai detrás das obras máis importantes de grandes artistas. Neste primeiro capítulo imos coñecer a vida d o pintor catalán Joan Miró e a súa obra: A bailarina.

Descubrindo Caldas.CAP 1

Imagen
" Descubrindo Caldas” é unha serie de pódcast coa que os alumnos e alumnas de sexto de primaria nos propoñen un concurso para coñecer un pouco mellor a nosa vila e o noso Concello. Cada episodio contén tres preguntas coas súas respostas coas que imos descubrir moitos detalles culturais e históricos de Caldas de Reis. Ánimate a participar e descubre…Caldas!