Día de Rosalía de Castro
Comezamos a semana co #DíaDeRosalía. Os nosos corredores converteronse en poesía viva. O alumnado puxo todo o seu talento e sensibilidade para decorar o centro cos versos inmortais de Cantares Gallegos despois de escoitar un programa especial de Radio CLementina adicado a Rosalía.
" Lugar máis hermoso
no mundo n'hachara
que aquel de Galicia,
¡Galicia encantada!"
Rosalía entre todas e todos é un programa especial de Radio CLementina co que a nosa escola celebra, este 23 de febreiro de 2026, o día da nosa poetisa nacional: Rosalía de Castro. Neste pódcast podedes escoitar a biografía desta xenial escritora e tamén un dos poemas do seu traballo máis coñecido, “Cantares gallegos”, recitado por varias alumnas e alumnos de todos os cursos de infantil e primaria do centro. Que viva Rosalía! Que viva o galego!
Comentarios
Publicar un comentario