Hoxe, no noso centro conmemoramos o "Día Do libro" para o cal deixamos unha das actividades programadas que é este Podcast de Micro aberto CAP4 “Conversa con María Canosa” Micro aberto é un programa especial de Radio CLementina adicado a entrevistas con persoas que visitan o noso centro ou que están relacionadas con actividades que se realizan ao longo do curso. Neste cuarto capítulo imos ter un convidada moi especial: Dona María Canosa, quen traballou como enxeñeira e foi Directora de Proxectos no Centro de Coñecemento da Costa da Morte. Desde os seus inicios profesionais compaxinou a súa faceta de enxeñeira coa de escritora, así como a de guionista de distintos programas da TVG. Dalgunhas das súas obras fixéronse adaptacións teatrais. Colabora como articulista en La Voz de Galicia, e foi contertulia en varios programas radiofónicos da Radio Galega e de Radio Voz. Ocupou o posto de "experta" en letras no concurso Cifras e letras da TVG desde setembro do 2011, ata p...