Día do Libro. Micro Aberto con María Canosa

Hoxe, no noso centro conmemoramos o "Día Do libro" para o cal deixamos unha das actividades programadas que é este Podcast de Micro aberto CAP4 “Conversa con María Canosa”

Micro aberto é un programa especial de Radio CLementina adicado a entrevistas con persoas que visitan o noso centro ou que están relacionadas con actividades que se realizan ao longo do curso. Neste cuarto capítulo imos ter un convidada moi especial: Dona María Canosa, quen traballou como enxeñeira e foi Directora de Proxectos no Centro de Coñecemento da Costa da Morte. Desde os seus inicios profesionais compaxinou a súa faceta de enxeñeira coa de escritora, así como a de guionista de distintos programas da TVG. Dalgunhas das súas obras fixéronse adaptacións teatrais.
Colabora como articulista en La Voz de Galicia, e foi contertulia en varios programas radiofónicos da Radio Galega e de Radio Voz. Ocupou o posto de "experta" en letras no concurso Cifras e letras da TVG desde setembro do 2011, ata principios de 2013, cando deixou de emitirse o concurso. Cifras e letras foi substituído polo concurso Verbas van, en que tamén ocupou o posto de experta. Actualmente mantén esta actividade no programa Coma un allo.
Recibiu distintos premios literarios, entre os que destacan o Premio Merlín de Literatura Infantil, convocado por Edicións Xerais, no ano 2017, pola obra Muriel.



Comentarios

Entradas populares de este blog

Letras Galegas 2026

Segundo Premio José Hermida

Semana da ciencia: Os experimentos do son