Entradas

Mostrando entradas de mayo, 2026

Letras Galegas 2026

Imagen
Este curso as ondas da nosa radio guían todo o que facemos, e os murais do cole van mudando de forma segundo a temática que sintonizamos. Hoxe, o noso dial detense na vida e na obra de Begoña Caamaño. Cada ciclo do cole puxo a súa creatividade para dar forma a esta homenaxe, e neste vídeo recollemos o espectacular resultado final coa mellor banda sonora posible. Dálle ao play, sube o volume e sintoniza co orgullo polo noso! “Descubrindo a Begoña Caamaño” é un podcast do alumnado de terceiro de primaria co que celebramos un día moi importante para a nosa escola: O día das letras galegas 2026. Este ano adícase esta data á escritora e xornalista Begoña Caamaño. Neste traballo coñeceremos un pouco máis a fondo a esta autora galega, a súa vida e a súa obra. N esta data conmemoramos a nosa lingua, o galego, un patrimonio inmaterial moi importante para todos e todas as galegas e os galegos. Neste pódcast celebramos esta data cun programa sobre Begoña Caamaño, a escritora seleccionada este an...

Día da familia

Imagen
Hoxe cociñamos con educación infantil! Que ingredientes pensas que leva unha familia feliz? Os nenos e nenas de infantil téñeno claro e cóntannos o seu segredo no noso podcast. ​Damos a benvida ao Día da Familia da man das voces máis doces do cole. Preparade os oídos e o corazón, porque esta receita vai encantarvos! ​ ​Non esquezas darlle ao "play" e compartir en familia!

Segundo Premio José Hermida

Imagen
O ALUMNADO DE SEXTO DE EDUCACIÓN PRIMARIA ACADA O SEGUNDO PREMIO NA GALA DE PREMIOS JOSÉ HERMIDA DE RADIOS ESCOLARES 2026. “Clementina Jones na procura do tesouro perdido” é un pódcast de Radio Clementina creado polo alumnado de sexto de primaria do CEIP Plurilingüe San Clemente no mes de maio do curso 2025-26. Neste traballo o alumnado contou coa colaboración de Elena Cabrejas, arqueóloga do CSIC experta en metalurxia prehistórica e particularmente no tesouro de Caldas de Reis. No pódcast podedes escoitar a historia completa do chamado depósito das Silgadas, a concentración de ouro da idade de bronce máis importante de Europa, un depósito atopado en Caldas de Reis, no nadal do ano 1940. Este traballo foi galardoado co 2° Premio da II edición dos premios de radio escolar José Hermida de Radio pontevedra Cadena SER.

Semana da ciencia: Os experimentos do son

Hoxe todos/as aprendemos ciencia a pé de rúa! Ademais, ​o alumnado de 5º de Primaria protagonizou unha xornada inesquecible no Paseo Román López dentro do programa "Sabi@ Caldas". Foi un luxo ver como explicaban os segredos do son aos seus compañeiros/as e demais nenos e nenas dos outros centros do concello. Nós tamén visitamos todas as mesas para descubrir novos experimentos. ​Un intercambio total de ideas, risas e moita, moita ciencia. Aquí tedes un resumo do que deu de si esta mañá tan especial!

Semana da ciencia

Imagen
O alumnado de 5º de Primaria leva semanas investigando os segredos do son e mañá por fin sairán á rúa para contárnolo todo. No marco da Semana da Cultura Científica "Sabi@ Caldas", estaremos no Paseo Román López compartindo ciencia! Cando? Mañá, 7 de maio. Horario: De 10:00 a 13:00 h. Onde? Paseo Román López. Será unha mañá de intercambio total: os demais alumnos/as do cole visitarán as nosas mesas e nós aprenderemos tamén coas propostas de nenos e nenas doutros centros. Aquí tedes en primicia os 4 experimentos que imos realizar. Non faltedes! Hoxe realizaron o ensaio xeral para ter todo listo para mañán. Explicar a ciencia non é doado, pero vaia se están preparados! Practicaron cos seus compañeiros e compañeiras e as sensacións non poden ser mellores. Se hoxe xa nos deixaron coa boca aberta... imaxinade mañá no Paseo Román López! Estamos listos para a Semana da Cultura Científica "Sabi@ Caldas". Empezamos ás 10.00h. Vémonos alí?

Descubrindo Caldas. CAP4

Imagen
“Descubrindo Caldas” é unha serie de pódcast coa que os alumnos e alumnas de sexto de primaria nos propoñen un concurso para coñecer un pouco mellor a nosa vila e o noso Concello. Cada episodio contén tres preguntas coas súas respostas coas que imos descubrir moitos detalles culturais e históricos de Caldas de Reis. Ánimate a participar e descubre…Caldas!