Letras Galegas 2026

Este curso as ondas da nosa radio guían todo o que facemos, e os murais do cole van mudando de forma segundo a temática que sintonizamos. Hoxe, o noso dial detense na vida e na obra de Begoña Caamaño.

Cada ciclo do cole puxo a súa creatividade para dar forma a esta homenaxe, e neste vídeo recollemos o espectacular resultado final coa mellor banda sonora posible.

Dálle ao play, sube o volume e sintoniza co orgullo polo noso!



“Descubrindo a Begoña Caamaño” é un podcast do alumnado de terceiro de primaria co que celebramos un día moi importante para a nosa escola: O día das letras galegas 2026. Este ano adícase esta data á escritora e xornalista Begoña Caamaño. Neste traballo coñeceremos un pouco máis a fondo a esta autora galega, a súa vida e a súa obra.


Nesta data conmemoramos a nosa lingua, o galego, un patrimonio inmaterial moi importante para todos e todas as galegas e os galegos. Neste pódcast celebramos esta data cun programa sobre Begoña Caamaño, a escritora seleccionada este ano pola Real Academia Galega para celebrar a súa obra e a súa vida. Agardamos que vos guste e que sirva para coñecer un pouco mellor a esta autora galega.




Comentarios

Entradas populares de este blog

Segundo Premio José Hermida

Semana da ciencia: Os experimentos do son