Entroido 2026

 O ENTROIDO SINTONIZA COA NOSA ILUSIÓN!


Nin a choiva puido coas ganas de festa! Aínda que a auga nos obligou a celebralo no pavillón, o ambiente estivo máis quente que nunca. Este ano, o noso Entroido foi unha homenaxe ás ondas, celebrando por todo o alto o Día Mundial da Radio.
Seguindo o noso proxecto de centro, o pavillón converteuse nun estudio de radio en directo. O alumnado desfilou con moito estilo ao ritmo dos xéneros musicais que marcan o noso día a día:
Rock con moita garra

Pop con todo o brillo

Salsa con puro sabor

Rap con moito flow

Non faltou o momento emotivo: aproveitamos para felicitar aos nosos compañeiros/as de aniversario cantando "Os Parabéns" a pleno pulmón.

Para pechar con broche de ouro, gozamos dunha deliciosa degustación de doces típicos de Entroido elaborados polas familias e levamos o mellor recordo no photocall preparado pola ANPA.
Grazas a toda a comunidade educativa por facer que, malia a choiva, este día soase mellor que nunca!




O RITMO NON PARA!
Despois das fotos... aquí tedes o movemento! Malia a choiva, o noso pavillón vibrou co desfile máis musical.
Dalle ao PLAY para ver o flow do noso alumnado.


Ademaís, houbo tempo para o programa de radio: “Coñece o noso entroido”, un pódcast elaborado polo alumnado de quinto de primaria no que nos contan como son os diferentes entroidos do noso país. Neste programa imos coñecer o que son os boteiros, os peliqueiros, as pantallas e outras manifestacións desta festa popular galega que tantas alegrías nos dá. Así que xa sabedes, poñede a vosa máscara e a gozar do programa!








Comentarios

Entradas populares de este blog

Letras Galegas 2026

Segundo Premio José Hermida

Semana da ciencia: Os experimentos do son