Radio 50ypico

Hoxe, o alumnado de sexto de EP participou nun programa especial de Radio 50ypico, un dos proxectos de FEGAUS (Federación Galega de Asociacións Universitarias Sénior). A gravación do programa foi no Fogar do Maior de Caldas de Reis. Realízase desde cinco dos sete campus universitarios de Galicia e aborda todo tipo de contidos de interese, informativos, culturais, de actualidade e de entretemento. Foi unha xornada de radio moi divertida e emocionante. Esta experiencia interxeracional foi todo un éxito: unha oportunidade única de aprendizaxe na que rapazada e persoas de máis de 55 anos atoparon na radio un punto de encontro. Grazas a todas as entidades participantes pola proposta, que esperamos sexa a primeira de moitas!




eeeee

Comentarios

Entradas populares de este blog

Letras Galegas 2026

Segundo Premio José Hermida

Semana da ciencia: Os experimentos do son