Visita a Radio Caldas (3º EP)
O alumnado de 3º de primaria visitou as instalacións de Radio Caldas o pasado xoves 11 de decembro. Esta visita está enmarcada dentro do programa de actividades que este ano o centro vai levar a cabo con motivo do seu proxecto escolar: “A túa radio na túa escola”, un proxecto ideado para que os escolares se acheguen ao mundo da radio. Durante máis de media hora conversaron con Sesi, encargado da radio municipal e aprenderon como se manexa unha emisora de radio.
Comentarios
Publicar un comentario