O que atoparedes neste blog...

Nas vindeiras entradas, imos compartir polo miúdo todas as experiencias que convertirán este ano en algo inesquecible:

  • Programas Conmemorativos: A nosa radio será o altofalante de datas clave como o Día da Paz e a Non Violencia, o Día da Radio, o orgullo polas nosas letras no Día de Rosalía, a loita do 8M ou o enxeño no Día das Matemáticas, entre outras.
  • Seccións Estrela:
    • Os avós contan...: Unha ponte entre xeracións.
    • Pintores nas ondas...: Onde a arte se traduce en palabras.
    • O Nobel do mes...: Aprendendo dos máis grandes.
    • Descubrindo Caldas: Coñecendo a nosa contorna.
    • Micro aberto: O espazo para a libre creatividade.
  • Conexións Internacionais: As nosas conversas co alumnado de Erasmus, rompendo fronteiras grazas ás ondas.
  • Ciencia e Son: Non todo será falar! Na Semana da Ciencia de Caldas de Reis, exploraremos a física do son con experimentos sobre o ton, as fascinantes figuras de Chladni e a visualización de ondas en "Debuxa a túa voz".
  • A Radio no Entroido.
  • Concursos de radio. Presentaremonos ao concurso José Hermida de radios escolares onde o nos alumnado acadou o segundo premio na I edición co noso alumno de 4º E.P (curso 2024/2025). Que pasará este ano? Seremos finalistas? Ganaremos algún premio?Estade atentos...

"A radio é a maxia de facer visible o invisible."

Grazas a toda a comunidade educativa por facer que Radio Clementina siga medrando. Quedade atentos, porque as ondas non deixan de viaxar. ¡Comezamos!


Comentarios

Entradas populares de este blog

Letras Galegas 2026

Segundo Premio José Hermida

Semana da ciencia: Os experimentos do son